Terraceo que te veo

Ben é sabido por todos que o desfrute de unha “relaxin cup of café con leche” ou unha  refrescante bebida coas súas aceitunas en unha soleada terraza é unha das oportunidades que os negocios hostaleiros nos ofrecen. Unha oportunidade de desfrutar ó aire da túa consumición. Fai anos so era habitual velas os dias solleiros de outono e inverno e a tempada de primaveira e vrán. Agora cas modernidades 2.0 dos toldos, estufas e demais infraestruturas xa son unha extensión case fixa de ditos locais, pasando a formar parte do mobiliario urbano das rúas en moitos casos.

Por norma soen situarse nas zonas de tránsito dos peóns en beirarrúas, prazas ou rúas peonís. Polo que soen estar libre de barreiras para o acceso. Cos seus “pros e os seus contras”, faise unha opción satisfactoria para persoas que nos desprazamos en cadeiras de rodas, de ter acceso a un servicio de comida ou bebida sen barreiras para o desprazamento.

Nos pictogramas de Comedere tamén incluiremos a representación gráfica deste servicio nos locais que nos ofrecen esta oportunidade. O pictograma representativo será o que aparece na seguinte imaxe. E no caso de que non posúa terraza, a imaxe gráfica vai ser a mesma pero con unha barra cruzada en vermello sobreposta na propia imaxe do pictograma.