Ruta Gastroaccesible

Un dos obxetivos a levar adiante no camiño do blog Comedere estaba a creación de unha Ruta Gastroaccesible. ¿En que vai consistir e cal vai ser a súa finalidade?.

Como o seu propio nome indica, “Ruta Gastroaccesible”, consistirá en crear unha guia cos locais que se amosen accesibles ás Persoas con Mobilidade Reducida.

Un dos propósitos finais desta Ruta Gastroaccesible vai ser a de por en visibilidade para as PMR referencias de locais hostaleiros que como mínimo permitan o acceso o seu interior. Na guía que se compoña, poremos en valor o acondicionamento que ofrece cada establecemento nos principais puntos que condicionan ás PMR, tanto no acceso como na estancia no interior do propio establecemento. A nosa intención vai ser facer visibles estes locais para que as PMR non teñamos que percorrer 10 locais antes de poder acceder a un.

Tentaremos aportar o máximo de puntos de referencia en cada localidade. Sumando, aportando e poñendo ramplas simbólicas neste mundo particular que temos que percorrer todos os días as PMR.

1

Rianxo

2

Gastromanía

3

O Curral

4

Benboa

5

Abuela Gloria

6

O Taberneiro

7

Nojira