Benvidos a ‘’Comedere’’

Un blog no cal compartiremos experiencias ”Gastroaccesibles”
Falaremos de Gastronomía y Accesibilidade para persoas con Mobilidade Reducida.

Curiosa parexa temática diredes, pero na miña persoa van da man.
Apaixoado da gastronomía dende fai anos e, despois de exercer entre fogóns como cociñeiro, unha lesión medular partiu ese camiño pero deixou intacta a paixón pola comida e a bebida. De aí xurde a “Gastroaccesibilidade”.

A comida sempre foi un propulsor de xuntanza familiar ou con amigos. Unha boa excusa para reunirse, desconectar das rutinas, sentados en boa compaña, e por suposto con un prato diante. Polo que independientemente da túa capacidade de desprazamento deberíase poder acadar calquera mesa de restaurante, bar ou taberna para disfrutar deses bos momentos. Mais como o caso non é este, intentaremos cubrir esta necesidade de un xeito informativo e divulgativo para o eido gastronómico ademáis de concienciar a hosteleiros para que intenten mellorar instalacións.

De que se vai falar?

Falaremos de comer o tradicional, o moderno, o caseiro, o rexional e todo o que nos veña á boca; de beber auga, cervexa, viño, café e copa, pois un xantar sen boa bebida non se completa. E por suposto de Accesibilidade dos locais de restauración, porque ainda é necesario educar e concienciar neste eido a moita sociedade.
En resumidas contas, pasar bos momentos e que pouco a pouco vaia servindo de guía para aqueles que estén nunha situación parecida ou non, e vaian sabendo de antemán as señas, características virtudes e deficiencias dún local, evitando encontrarse con sorpresas arquitectónicas nas instalacións do negocio que condicionen o disfrute total das nomeadas instalacións.
Sen mais despídome esperando que disfrutemos xuntos desta experiencia e nos sirva de guia para andantes e rodantes.

Un saúdo ‘’Comederes’’