E o Goya vai para…

Vimos duns días nos que as palabras INCLUSIÓN, DIVERSIDADE e VISIBILIDADE escríbense con maiúsculas e en negriña enchendo titulares de novas e artigos en todo tipo de medios de comunicación.

Isto sucedeu grazas ó discurso dado por Jesús Vidal na gala dos Premios Goya, logo de proclamarse gañador dun destes “cabezóns”. Por sorte, supo aproveitar ese momento. Dende a humildade e a propia realidade, deixou unha mensaxe que expresou parte desa historia de superación, e conxuntamente visualizou a SUPERACIÓN que outras persoas con algún tipo de discapacidade executan no seu día a día.

Jesús Vidal durante o seu discurso.

Jesús Vidal, encheuse de gloria merecidamente, porque ese momento perténcelle a el. Conseguido co seu esforzo, traballo, e ante todo, coa súa loita e superación persoal, que aínda non sendo coñecedor da súa historia vital, poderíase asegurar que foi, é e será moita.

E ten todo o dereito do mundo a aproveitalo dese xeito, porque seguramente sentiuse libre de condicionantes nese momento, cousa que con moita probabilidade non sentiu en ámbitos máis cotiás da súa vida social.

Outros moitos participaron dese discurso dende un exercicio de amabilidade, solidariedade e admiración. Provocando un exercicio reflexivo sobre este colectivo social. Esa  dura realidade que viven moitas persoas no seu día a día e que, a unha persoa sen ningún tipo de discapacidade se lle escapa na súa visión vital .

Pero tamén participaron del, retuitearon, compartiron, déronlle me gusta e demais chilindradas logarítmicas das redes sociais  moitos hipócritas. Inclusive se atreverían a emocionarse co discurso, ou loubalo e corroboralo como verdadeiro e necesario. Eses mesmos, que a hora de ter que fomentar medidas favorecedoras para que esas tres palabras sexan efectivas, esquecen o seu significado etimolóxico, social e cultural.

Falo de quenes nos mandan dende as altas cámaras e recortan presupostos en sanidade, investigación, dependencia e outros ámbitos sociais e culturais. Falo de quenes pola rúa miran con prepotencia ou fraxilidade a persoas con algún tipo de diversidade funcional. Falo do que aparca o coche na praza de discapacitados porque “solo son cinco minutos”. E dicir, das persoas que directa ou indirectamente desprecian a estas persoas que posúen algunha diversidade funcional.

Soa forte, ¿verdade?. Desprecian. Pois si, desprecian. Podemos usar outras, cosifican, ignoran, oprimen, discriminan. Duras, ¿verdade?. Pero así son.

A reacción da sociedade a cousas como a destes días é a típica reacción populista. Unha empatía sensacionalista que será solidaria e entenderá a mensaxe, pero, a tres días vista… pasou o día, pasou a romaría.

Falta de cultura, de educación, de información e de solidariedade. Que ollo, non se pide dar lástima, pero si se pide respetar dereitos. Dereitos humanos recollidos en documentos oficiais, e que axudan a estes colectivos a participar nun mínimo de condicións nos diversos ámbitos da sociedade.

Na miña experiencia persoal teño anécdotas representativas desta hipocresía para encher un libro. E isto, nun período de dez anos. Pensen as historias de persoas que o sofren dende o primeiro día de vida. Digo máis, son coñecedor de historias e comentarios hipócritas dentro do propio entorno familiar de persoas discapacitadas. Así nos vai

Polo tanto, todos eses mandamáis que subscribiron esas palabras; ¡traballen e actúen coño!, que por eso se lles paga. E deixarse de tanto postureo, laziños na solapa do traxe e demais tonterías iluminadas, que quedal moi chachis nas fotos pero nin salvan vidas nin outorgan dignidade. E os que non son mandamáis, pero actúan baixo esa hipocresía barata, mellor póñanse a un lado. Porque ningún personaxe pertencente a esta culimañada ten puñetera idea das duras situacións que vive unha persoa con unha discapacidade, e as persoas que conviven con ela, independente do grado de discapacidade que un teña.

Así que quítense esa hipócrita careta de actores e actrices dramáticos, que o único “cabezón” que veredes, vai ser o das persoas que pertencen a asociacións a prol do cumprimento de dereitos para estes colectivos. Dando voz, loitando, actuando, reclamando e buscando a efectividade desas tres palabras. Tal e como fixo Jesús Vidal co seu merecido premio na man, e alentando coas súas palabras ó resto da sociedade que remexeran no seu consciente e subconsciente.

Porque a INCLUSIÓN, DIVERSIDADE e SOLIDARIEDADE non é a temática de ningunha película. É o día a día de moitas persoas que precisan que sexan efectivas e reais, e non polo contrario, algo que soa a ciencia ficción.

Eduardo Fernández Calvo, Febreiro 2019.