AMBIENTE PARA TODOS

Importantes, diplomáticas, aristocráticas, de negocios, de cortesía, formais, familiares, romanticonas, picantes, informais, festivas…¡ata o infinito e mais alá! podíamos clasificar os almorzos, xantares ou ceas  segundo a compañía, o motivo ou a súa finalidade.

Iso si, cada ovella coa súa parella. E non me refiro a un restaurante de intercambio de parellas. ¡Por la gloria de mi madre!. O caso é que en función do tipo de comida que vaiamos ter, buscaremos un ambiente adecuado para a súa celebración. ¡Te dás cuen! Non nos vaiamos citar co noso contacto de Meetic nun restaurante con parque de bolas, si o que queremos é facer peiños por debaixo do mantel ou bicos babexantes de tornillo quentando terreo para a “guarredida española”. ¡Pecadorrr de la pradera! Que hai menores e seus pais fai tempo que non desfrutan deses momentos cachondos previos“a la caidita de Roma”

Pois ó tema. Que cada establecemento hostaleiro goza do seu propio ambiente. Ben promovido polo seu dono ou ben polo tipo de clientela que acolle. Eses dous factores despexan a incógnita de situar un establecemento nun marco ambiental. E como na variedade está o gusto e no mercado existe moita variedade de ambientes, nos quixemos simplificalo un pouco representándoos tan só en dous pictogramas. ¿COMOOORRRRR?

Este primeiro, onde aparece a silueta de unha parella de persoas adultas, clasifica a establecementos con un ambiente máis formal, clásico, íntimo ou reservado. Ideal para mesas de negocios, románticas ou relaxadas.

Este outro, onde ademais da parella aparece a silueta dunha criança, representa ambientes máis informais, máis bulideiros ou familiares. Ideais para mesas de festas, celebracións, xantares familiares etc.

Así que Fistro pecador, para despexar dúbidas busca o pictograma adecuado. ¡CUIDADÍN! Non te vaias confundir de ambiente. ¡AL ATAQUEERRRRR!