Tapería A Recoveira. “Pensadores de pratos e alegrías”.

Aqueles Sábados matinais de cando a pelusilla bigotil aínda non arrimaba baixo a miña napia achatada, pasábaos con Simón entre debuxos animados e almorzos de “masoira”. Armados con tazón de cerámica e culler, roubechando a segunda cullerada do Cola-Cao e ca inseparable compañía das Cuétara tostadas preparábamos co leite da vaca da aldea a contundente “Masoira”. ¡Que fartura! Puro formigón armado. Cementos máis frouxos levantaron civilizacións.

A pausada mañá truncábase en canto Concha pinchaba o casete de Víctor Manuel e Ana Belén. Baixo os acordes de “Contamíname” tocaba a zafarrancho de combate armada con pano e “Pronto” para sacarlle o polvo a todo moble existente. Concha e Siña Pantufla reclutábanos baixo condicións de negociacións un tanto desfavorables. Guiadiños, cumpríamos voluntariosamente tal misión. Bendita Concha. Santa paciencia.

Pero tamén existían xornadas matinais de Sábado máis favorables. Máis efectivos á hora de exercer ó voluntariado de participación. Sábados de mercados, mercadillos e Prazas de abastos. Remexer de posto en posto cacheando o último do “prêt à portet” infantil da época; combinación gañadora de chandal con camisa a cadros ou estampada e zapatón contundente. Unhas precursoras aquelas nais. Aseguro que algún hipster ou fauna urbana actual repite modelo. Aiiiiiii, que se me las quitan de las manos!!!

Pasaron os anos, pero os gustos mantivéronse. Máis o do mercadillo que o do polvo, por que mentir. Así que si son de mercadillo, un bo plan matutino de Sábado pode ser achegarse a Ribeira. Revolver e cachear na parte textil baixo exclamativas suxerencias de “ ¡a 5 euros nena! ” esa ganga en bragafaixa ou tangas de encaixe de fio fino “Calvo Kien” ou el xandal desportivo para er pilates “ARDIDAS”. Si son máis de compra alimentaria visiten a parte verduleira. Froitas e verduras ambientan os postos coas cores e recendos da estación. Arrímense ós mercaderes de embutidos, curados ou salgados. O embriagador cheiro fará que leviten entre cacheiras, pancetas e chourizos. E si son de peixe, ollen as cabezas, cocochas, lomos ou follas no tenderete do home do bacallao. Xa lles digo que non pasen de largo sen pillar un queixiño cremoso do país e o indispensable pan de uvas e noces. Natalia, Gael e un menda lerenda non o perdoamos.

¿Que queda por rascar? Pillen un euro de churros. Callexen polo malecón e o interior da vila na procura de unha cadeira onde tomar o aperitivo e picar algo, por iso de non prender os fogóns “quando arrive a casa”.

No cacheo desa cadeira, paseando paseniño por calexóns poderánse atopar con unha parede na cal se estampa un mural onde aparecen dous rostros pálidos ben coñecidos e queridos. Eles son Dani e Vero da Recoveira. Converteron un establecemento hosteleiro, recollido en espazo pero amplo en concepto, en un punto referente para parte da sociedade Ribeirense. A Recoveira. Bo trato, bo servicio, bo traballo, gran amabilidade, respecto polo cliente e o humor chanante de Daniel lévase por bandeira dentro desas paredes baixo a atenta mirada da silueta de unha recoveira portuguesa.

E que ninguén crea que llo deron todo feito. Diso nada. ¡Cúrrano de verdade!. Comezaron de cero. Dende os comezos trataron de diversificar o negocio ofrecendo variedade para o ocio e desfrute dos seus clientes. Consiertasos en directo, sesións vermús musicais, aniversarios que duran tres días, monólogos e unha variada oferta gastronómica completan os puntos quentes que caracterizan A Recoveira.

¡OLLO COIDADO! ca oferta gastronómica. O Chef Daniel. ¡Un figura que triúnfa!. Recoñecidos son os seus premios nos concursos de tapas de Arousa Norte, na archiconosida Estrella Mijelín da Dorna, nas xornadas de Artemar e máis premios que rechean o seu palmarés. Agora arrasa os Xoves, cos seus #Xoves de Tapas. Cas súas queridas #recotapas a un módico prezo de 2 ou 3 euros. Receitas de Chicote, Sergi Arola, influencias de cociñas orientais, europeas ou sudamericanas pasan polas elaboracións destas #recotapas.

Aínda que dende o comezo a súa clave gastronómica foi o contido da súa pizarra, transformando unha das paredes do local no seu particular expositor gastronómico. Con boa letra e sen faltas ortográficas, que iso tamén vende, aparecen escritas tostas e racións de sinxelas elaboracións onde a acertada combinación de elementos outórganlle un notorio resultado final.

A Tosta de polbo e San Simón, a de Rexóns con Arzua Ulloa ou a Tosta Primavera, elaboraadas con pan Galego de calidade fara que pequedes con ensañamento e aleivosía. En racións rechupetearás os Langostinos rebozados con salsa de mango e curri, as Zamburiñas con aceite de ceboliño, a Croca de vaca vella, o Magret ou o Wok de verduras e tenreira con salsa kimchi. E de remate doce, algo gardará Daniel para que lambades os peteiros con sensualidade e paixón. Vasiños doces, Coulán, Flan de Queixo… Propoñemos estas catro variedades que atestigan as acertadas formulacións gastronómicas, mais o seu listado ampliase variopintamente. Orixinalidade e sabrorrr!!! corren polas súas receitas . Non sempre habitan as mesmas na pizarra. Deixámosvos en preaviso que tostas, racións e pratos van mudando a gusto de Dani, do mercado ou das estacións. Xornadas gastronómicas como a das setas no outono, ou a de Artemar tamén son cita obrigada no gastro calendario da Recoveira. ¡Claro que sí GUAPI!

E para desfrutar de todo esto, non vas ter problema camiñes a pé ou camiñen as rodas por ti. Amósase accesible para Persoas con Mobilidade Reducida. Con zona de terraza exterior, ampla para o desprazamento e con mesas accesibles. Entrada a cota 0 dende a beirarrúa, salvo un resalte na soleira da porta de 2 cm. No interior o espazo de desprazamento entre mesas é suficiente pero non sobrante para o tráfico rodado, digamos cadeiras de rodas e carros de meniños. As mesas, ¡ai as mesas!. Pois hai de todo, Accesibles e non accesibles. Posúe dúas nas que non amosa impedimento algún, tanto en altura, ancho e profundidade. Pero noutras o problemiña reside no ancho da mesa, a corta medida entre as patas non permite a introdución da cadeira de rodas baixo a mesa. Por rematar, o excusado. Pois está limpiño e accesible. So habilita o feminino. Presenta porta ampla, radio de xiro amplo, barras de apoio no waterclock pero lavamáns con pedestal.  Ai sí, que me esquecía; para aparcar tamén existen varias prazas de discapacitados no malecón, a escasos 199,56 metros da Recoveira.

Que nos falta, pois concluír que A Recoveira pese a súa xuventude ten ese pouso tabernario gañado con oficio. O cliente é recibido co seu nome ou apodo e con palmada de confianza no lombo. Reborda cariño e cercanía que a día de hoxe periga na hostelería, convertendo a relación co cliente en un trato practicamente familiar. Pouco a pouco vai escribindo con boa letra as súas peripécias nas páxinas da hostelería de Riveira, e agardemos que sexan por moitos capítulos de éxitos.

Creador de platos, de tapas, de eventos, organizador de consertasos, sesións vermúts. Todo esto é A Recoveira. E agora suma o seu pasaporte de GASTROACCESIBLE.

Así que envólvete, mergúllate, inmíscuete e involúcrate no ecosistema recoveiro. Se parte activa da súa burbuxeante actividade. Porque variedade e calidade teñen a esgalla. ¡¡¡Figuras!!!

Tapería A Recoveira

 Rúa Alcalá Galiano, 4, 15960 Ribeira, A Coruña

Teléfono☎ : 881 86 23 93

Cociña👨‍🍳 : Tapeo informal.

Ambiente🎊🎉: Apto de 1 a 100 anos.

Nivel de Accesibilidad ♿: Alto como un demonio.