¿A mesa?. Accesible, por favor.

Mesa accessible ó ancho, alto e en profundidade.

Desgraciadamente nos tempos que corren, as PMR atopámonos no ámbito público e privado con barreiras que poden condicionar en maior ou menor grado a nosa mobilidade e independencia no transcurso da vida social diaria. Fixando o foco no ámbito privado, e concretamente nos establecementos hostaleiros, posiblemente ningún empresario de este sector se lle pasou pola súa cabeza que unha persoa que se desprace en cadeira de rodas podería ver condicionada a súa estancia en unha das mesas do seu establecemento en función das medidas ou modelo das mesas que elixiu para o seu negocio.

Pois si señores, algo tan simple e que pasa totalmente desapercibido pode resultar un importante incordio para unha persoa que se desprace en cadeira de rodas.

¿ Cal é o motivo?

As medidas de contorno de unha cadeira de rodas non son as mesmas que as de unha persoa sentada en unha cadeira. As medidas do contorno da cadeira de rodas soe ser maior, tanto ó ancho, ó alto ou ó largo. En función destas medidas e ca outra variable que van ser as medidas  da mesa, distintas en función do modelo, completamos a ecuación para achar un resultado óptimo e favorable que non condicione as persoas que se despracen en cadeira de rodas.

Baseándonos neste condicionante, en Comedere creamos un pictograma que indique dita accesibilidade ou non accesibilidade en torno a mesa que exista no establecemento, dando a ver esta característica na calificación Gastroaccesible que creamos con ditos debuxos gráficos.

Para concretar medidas mínimas de mesas accesibles, podemos ler o artigo do seguinte enlace.

As Medidas Accesibles na Hostelería